Novembro 2014- nº 1

 

 

 

OPINIÓN

 

 

Rexeitamento ao borrador do
novo Decreto de especialidades

Nova Escola Galega fai público o seu rexeitamento ao borrador do novo Decreto de especialidades que prepara o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Ler máis

Podes descargar 
aquí o proxecto do Decreto.

 

 

 

NEGOpina: Recortes, lomce e lingua

Este comezo de curso foi máis desastroso cós anteriores –que xa o foran moito- porque se continúa co proceso sen fin de recortes e comeza a aplicarse a nova lei, a LOMCE. Poderiamos, outra vez, facer o relato inacabable de datos que corroboran esta cualificación tan negativa, pero farémolo doutro xeito. Imos ver catro características da situación, exemplificando e argumentando cada unha delas: a precipitación ridícula da implantación da LOMCE, as graves repercusións dos recortes, a instalación no engano á cidadanía e o agravamento da situación do galego.
Ler máis...

 

 

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

 

 

 

Re.Cursos. Respirando alegría.
Módulo 2: "Formación. Investigación. Acción. Ioga"

Santiago, 6 e 7 de decembro.
O método Re.cursos. Respirando Alegría achegaralle ó educador/a ferramentas aplicables no seu espazo educativo para mellorar a atención, a escoita e a concentración do alumnado.
Para o profesorado interesado, o curso está homologado con 12 horas de formación pola consellería de Educación e OU.
As prazas son limitadas. Tedes toda a información
aquí.


 

 

 

 


Obradoiros de Nova Escola Galega
 

Entre xaneiro e xuño de 2015 comezarán en Nova Escola Galega catro obradoiros de iniciación para todas aquelas persoas interesadas nas seguintes materias, sexan docentes ou non:
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó BAILE TRADICIONAL (imparte Alexandre Sotelino)

De xaneiro a maio, os martes de 21 a 22.30h
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó CANTO E Á TÉCNICA VOCAL (imparte Xiana Lastra)
De xaneiro a maio, os mércores de 21 a 22.30h

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA (imparte Moncho Rivadulla)
De xaneiro a marzo, os mércores de 19:30 a 21h (+ unha clase práctica ao mes de 3 horas)
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á PANDEIRETA (imparte Olga Brañas)
De abril a xuño, os martes de 19 a 20:30h
Toda a información sobre os obradoiros, os prezos, os boletíns de inscrición, os temarios e demais
aquí.

 

 

 

I NEG-Xornadas de educación e cultura tradicional 
Teo, 21, 22 e 23 de xaneiro.

A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlles valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. 
Deste xeito, procuramos achegar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotián na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.
A actividade estará homologada con 12 horas de formación para o profesorado.
As prazas son limitadas. Toda a información
aquí. 

 

 

 

VI Seminario- Obradoiro Internacional de
Avaliación de Materiais Didácticos
Vedra, 20 e 21 de febreiro.

É unha actividade con distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino.
Para o profesorado interesado, o curso está homologado con 12 horas de formación pola consellería de Educación e OU.
As prazas son limitadas. Tedes toda a información
aquí.
 

 

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 

 

 

A piques de saír á rúa o novo número da
Revista Galega de Educación!
Toda a información aquí. 

 

 

 

 

 

 

 

Queres ser asociado/a de NEG?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de asociación

Queres ser subscritor/a de Revista Galega de Educación?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de subscrición

 






This email was sent to mpernas@edu.xunta.es
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
NOVA ESCOLA GALEGA · R/ das Hedras, 4-2ºO. CP 15895. Milladoiro · Ames, A Coruña 15895 · Spain

Email Marketing Powered by MailChimp